martes, 27 de junio de 2017

CARREIRA SOLIDARIA

Celebramos a carreira solidaria coas familias, baixo o lema "Corremos xuntos pola solidariedade".
Pasámolo en grande e recaudamos moitos kilos de "solidariedade".
Moitas grazas aos que puidéchedes compartir a xornada connós.













viernes, 9 de junio de 2017

A NAI DE JOSÉ ALONSO NOS VISITA: APRENDEMOS SOBRE OS OLLOS

José Alonso quixo que neste curso súa nai se achegara a nosa aula para explicarlles aos seus compañeiros/as como é o ollo e algúns dos materiais que usa para poder valorar a visión dos ollos.
Aprendimos e nos divertimos.

video

jueves, 4 de mayo de 2017

APRENDEMOS A MANEXAR O RELOXO

Nesta entrada vouvos deixar enlaces a xogos para traballar o reloxo dixital e analóxico.



genmagic

martes, 4 de abril de 2017

FLOR REPRESENTATIVA DE GALICIA: A CAMELIA

Ainda que a camelia é un arbusto orixinario de Asia, foi introducida en Europa no século XVIII e a súa presenza en Galicia data do ano 1800.

Así que podemos dicir que fa camelia é unha flor representativa de Galicia, onde temos unha parada na ruta da camelia moi pretiño de nós, no pazo de Mariñán.

Así que aquí estamos nós plantando as nosas camelias... e un ceboliño que nos trouxo Lara Fernández.





















lunes, 20 de marzo de 2017

VISITAMOS UN PLANETARIO

Seguimos aprendendo sobre Betanzos e chegounos unha cartiña de Leo que xa está rematando de preparar a súa viaxe e precisaba saber como se ía orientar mentras vaia viaxando polo ceo.

De día aínda o fumos resolvendo (un mapa, GPS, unha brúxula,...) pero de noite?

As estrelas nos guiarán, unha en concreto que se chama Estrela Polar, que sempre sinala o norte.

Pois xa que estabamos falando das estrelas ninguén mellor que uns expertos na materia que nos foron explicando onde estaba a Estrela Polar, e máis cousiñas sobre o espazo.