viernes, 20 de diciembre de 2013

ACTUACIÓNS ESTELARES

 

Despois da actuación no concerto de Nadal (cantaron unha panxoliña que aprenderon en música e contaron os chistes), Valeria nos ofreceu un pequeno concerto de violín que nos gustou moito.

Despois todos comentaron os instrumentos que tiñas na casa e os que sabían tocar. Eu animeinos a que fixeran un concerto tamén, e Alba García ao día seguinte trouxo a súa frauta.

Que ben tocaron as dúas!!

CON ESTE RAMO DE...

 

Coas follas das árbores que nos trouxestes preparamos uns ramos e unhas dedicatorias...espero que vos gustaran.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

TRABALLAMOS CO XORNAL

Iniciamos unha nova actividade de aula: o traballo cos xornais.
Nesta ocasión estabamos buscando unha noticia do cometa Isón, pero non dimos atopado nada.
Por iso vos pedimos axuda dende casa.

lunes, 2 de diciembre de 2013

RECIBIMOS UN PREMIO

Hai unhas semanas o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estivo facendo a través do seu blogue un concurso de adiviñas no que participamos como clase.
Déronnos só por participar unha camiseta ( ao final de curso a sortearemos). 
Anímovos a que entredes no seu blogue www.nontecortescoalingua.blogspot.com  e que participedes nos concursos que vaian propoñendo.